09/06/25

Clases con Brais

Tras comentar coa xente interesada nestas dúas semanas as clases con Brais quedan do seguinte xeito:
Luns 9, mércores 11, venres 13, luns 16, mércores 18 e venres 20.
En horario de 17,30 a 19,30.
No Centro Universitario de Riazor.
Prezo por día: 15 euros (a pagar directamente ao monitor).
Teléfono de consulta con Brais: 698 12 98 63

Nestes días agardamos publicaremos mais actividades para estes días.

26/05/25

XXXIII UNIVERSITARIO LOSTREGO

Estes días estivemos con bastantes cousas, un dos equipos participou no Campionato Galego de Equipos Lóstrego, Nuno estivo na concentración da selección galega e varios dos nosos xogadores coparon os primeiros postos do Torneo da AAVV Los Rosales. 

E tras os dous torneos do Campus da Coruña os día 1 e 17 imos cos seguintes que serán no Campus de Ferrol e en Vimianzo. O seguinte será xa a nosa terceira colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXIII Torneo Lóstrego da UDC o sábado 28 de xuño. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO XXXIII UNIVERSITARIO LOSTREGO - TORNEO ODEÓN.

DATA: 
Sábado 28 de xuño de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.

HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda. Os catro criterios a sortear serán: 1.Bucholz, 2. Bucholz-1, 3. Partidas gañadas e 4. Progresivo.
Caso de persistir o empate aplicaríanse a continuación e por esta orde: 1. Resultado particular e 2. Partidas xogadas con negras.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXIII Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


Outras actividades próximas:
TORNEO CAMPUS
En 2025 a proba de lentas vaise celebrar do 30 de xuño ao 4 de xullo.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 5 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 12 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

23/05/25

CURSOS EN XUÑO

Entramos na época final das escolas e propoñemos as seguintes semanas de actividade.
Estarán coordinadas por Brais Martínez.
Serán no Centro Universitario de Riazor.
Horario: De 16,00 a 19,00
Queremos que sexan semanas para mellorar moito así que será un mínimo de 4 participantes por semana e un máximo de 8.

PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO. Do luns 2 ao 6 de xuño. De 16,00 a 19,00 horas. 
SEGUNDA SEMANA DE XUÑO. Do luns 9 ao 13 de xuño. De 16,00 a 19,00 horas. 
TERCEIRA SEMANA DE XUÑO. Do luns 10 ao 20 de xuño. De 16,00 a 19,00 horas.

Organización en cada semana:
Luns: Táctica + Estratexia + Finais
Martes: Táctica + Análise partida + Aperturas
Mércores: Táctica + Estratexia + Finais
Xoves: Táctica + Análise partida + Aperturas
Venres: Táctica + Partidas lóstrego + Finais

En cada semana faremos un pequeno torneo con trofeo e entregaremos unha camisola.

Cotas: 
60 euros por semana. Descontos: 55 anotándose en dúas semanas e 50 anotándose en tres semanas.
Días soltos: 15 euros.

Para incribirse, hai que anotarse en escola@xadrezuniversitario.org indicando nome completo, data de nacemento e semana ou semanas escollidas.

Nos próximos días publicaremos as datas dos seguintes torneos e tamén doutra semana de actividade na primeira semana do mes de xullo.

18/05/25

Resultados Torneo Día das Letras Galegas

Rematada a terceira proba dos torneos do CIDU deste ano. O xogador compostelán e campión galego sub14 Nicolás Fernández resultou vncedor. O betnaceiro Roque Bouza foi segundo e a terceira praza para Pablo Cordido do Algalia de Santiago.

O mellor xogador do noso club foi o sub16 Gonzalo López, en cuarta praza (empatado co segundo e terceiro) e o mellor universitario José Aba no posto sétimo.

14Fernandez Sabajanes, NicolasESP4,515.513.513.541856EXC
23Bouza Santiso, RoqueESP4,015.513.514.041893C FERROL
32Cordido Sixto, PabloESP4,015.513.511.041933ALGALIA
47Lopez Vazquez, GonzaloESP4,014.514.013.041752CIDU
51Martinez Ramos, Marcos JavierESP3,516.514.511.531945XDM
611Lin, RuowanESP3,013.512.08.031522CIDU
75Aba Varela, JoseESP3,013.011.511.031852CIDU
86Alonso Garuti, Luis EugenioESP3,012.011.58.031836C FERROL
99Esteve Perez, Manuel FulgencioESP3,011.511.09.031655EXA
1010Martinez Iglesias, BraisESP3,011.511.09.031631CIDU
118Esparrago Roson, PabloESP2,013.012.57.021739CIDU
1213Abellan Miguel, JorgeESP2,012.512.05.020CASINO
1319Vilar Fernandez, NoeESP2,011.511.07.020OROSO
1417Sande Seoane, Xoanesp2,011.510.07.020CIDU
1512Valerio Arias, PauloESP2,010.09.55.021409MACONDO
1614Fernandez Calvo, JavierESP2,09.08.53.020EXC
1718Vazquez Liste, JulioESP1,011.510.04.010OROSO
1816Muino Santiso, MauroESP1,010.59.53.010XDM
1915Moliner Gonzalez, GaelESP1,09.59.51.010SADA
Nos vindeiros días iremos publicando as bases das probas do meses de xuño e xullo.

15/05/25

Rematando o Curso.

Ben, xa estamos nas últimas semanas do curso e é hora de facer unha rápida avaliación de como foron as cousas. Aínda que temos numerosas probas individuais por completar, a parte dos equipos está practicamente rematada, coa posibilidade de participar no campionato Galego por equipos na proba de rápidas do sábado 24.

Liga Federada.

Fixámonos o obxectivo de que un equipo subise e o outro se mantivese. O primeiro non se puido conseguir e o segundo conseguiuse con facilidade, deixando aos dous equipos practicamente empatados. Non había equipo na terceira división debido ás viaxes, o que para nós non ten sentido nesta división. Para o ano que vén, xa temos a Iago pensando en que equipo tentará subir de división.

Xogade - Programa escolar da Xunta.

Como noutros anos, mantendo un acordo con Xadrez das Mariñas na competición en Cambre e puxemos en marcha outro co Coruña Chess.

Na fase local coruñesa en categoría infantil o Cidu non tivo rivais, o Coruña Chess gañou e o Cidu benxamin quedou segundo. Todos eles pasaron á fase intercomarcal. Nesta fase o único que conseguiu pasar á fase provincial foi o Benxamin CIDU.

Na fase local en Cambre, o XDM infantil e o XDM benxamin conseguiron avanzar á fase seguinte, onde o XDM benxamin foi campión, pasando á fase provincial que tamén gañou.

Foi, polo tanto, un bo ano. Especialmente para os mais novos; O campión provincial da categoría Benxamin o XDM estaba formado na súa maioría de xogadores das nosas escolas. Así, na fase provincial, dous equipos dos catro calasificados tiñan xogadores da escola (catro de nove xogadores) e  outros catro foron da escola do Sporting Club Casino, co que compartimos coordinador. Pode que noutras categorías non foran tan boas, pero moi meritorias.

Este sábado despois do torneo do Día das Letras Galegas comezaremos a preparar o curso 2025-2026, coa intención de introducir novidades importantes.

Obviamente, gustaríanos escoitar as vosas opinións e suxestións de mellora.

En calquera caso, lembrade que temos o torneo blitz este sábado, e o torneo en liña comezará ese mesmo día se aínda non vos inscribistes.